O hostal dispón de ascensor e facilidade de aparcamento, así como un acceso directo á praia. As habitacións dispoñen de baño completo, TV, servizo de moble bar con frigorífico e calefacción. No prezo do aloxamento inclúese almorzo e servizo de hamaca para a praia. Tamén dispoñemos de servizo de internet gratuíto.

No restaurante, sito en primeira liña de praia con vistas á Ría de Arousa, disponse dunha ampla oferta gastronómica que abarca dende un esmerado servizo á carta, na que se mistura a sofisticación e modernidade coa tradición ata uns menús do día toda a semana. Ademáis poderá gozar de produtos típicos da terra, tostas, racións e táboas varias.

Poñemos a disposición dos nosos clientes salóns para convencións e todo tipo de eventos, e unha pequena adega ideal para reunións ou comidas privadas.

Galego | Español